No 2011 a Biblioteca Pública Municipal de Barro, Os libros, a sabia da vida.

Como as árbores crecen con terra auga, luz e aire nós necesitamos dos libros para enriquecernos e crecer como persoas. A sabia fai forte a unha arbore, os libros fan forte á persoa. Ven á Biblioteca Pública de Barro e coñece o fondo bibliotecario neste ano 2011 no que se celebra o ano internacional dos bosques.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Os sábados na Biblioteca Pública Municipal de Barro.



As actividades que fan os rapaces/as xiran arredor do outono e neste caso dos animais. Traballan o sentido creativo e artístico, este tipo de actividades tamén axudan á capacidade de concentración, son un bo xeito de exercitar a motricidade fina das mans e a percepción espacial, a traves da pintura o modelado, recortar, pegar...
Os voluntarios colaboran nas actividades guiados pola monitora de ocio e tempo libre. O rematar o obradoiro os socios da biblioteca pasan e recollen os libros para ler durante a semana.

lunes, 24 de octubre de 2011

viernes, 23 de septiembre de 2011

Comezamos unha nova tempada de actividades...

Queres coñecer a LECTURA MAIS ANIMADA?

Ven á biblioteca se queres ler dunha forma diferente...

Poderás converterte por exemplo en “Sandokán O Tigre de Malasia” ou no “Rei do Mar” de Salgari. Só necesitas ter catro anos ou máis e ganas de pasalo ben.

E se queres ser cen persoas á vez. Se queres sentirte parte dun grupo. Se queres xogar a cambiar a realidade . Se queres divertirte. Se queres sacar a vergoña. APÚNTATE A TEATRO.

Acércanse os exames e non sabes por onde empezar? Ven e AXUDÁMOSTE A ORGANIZARTE para que non perdas máis o tempo.

viernes, 9 de septiembre de 2011

Lectura momento especial


Despois de cada día de actividades a lectura era un momento especial .
Os voluntarios e a monitora de tempo libre traballaron con alguns destes libros.



La luna
Autor/es: Herbauts, Anne
Editorial: Kókinos [2000]
Localización: 831/HERBAUTS, ANNE/luna Estado: Dispoñible Rexistro: 1100

Comemiedos
Autor/es: Tàssies / Zentner, Jorge
Editorial: Destino 2001
Localización: 087.5/ZENTNER, JORGE/comemiedos Estado: Dispoñible Rexistro: 501


Mister corvo
Autor/es: Quarello, Maurizio A.C / Morandeira, Luisa
Editorial: OQO 2006
Serie: Colección O (OQO)
Localización: 834/MORANDEIRA, LUI/mister corvo Estado: Dispoñible Rexistro: 2124


Señorita Pluma
Autor/es: Bilsen, Rita van / Rascal
Editorial: Kalandraka [1999]
Localización: 087.5/RASCAL/señorita pluma Estado: Dispoñible Rexistro: 1226


POÑÁMONOS AO DÍA


Este é o resumo de algunhas das actividades que estivemos facendo. Nos vindeiros dias ampliaremos estos contidos.






  • Celebramos: Letras Galegas
  • Celebramos: Día do libro
  • Cambio de estación na Biblioteca: Solsticio de verano comezamos as actividades de verano na Biblioteca.
  • Conmemoración dos 50 anos da morte de Ernest Hemingway. Obradoiro: ¿que aventura? (fichas dos viaxes)
  • Conmemoramos un cuarto de siglo da morte de Jorge Luis Borges.
  • Ficha de actividades de Hemingway e Borges
  • Actividades de verano na Biblioteca
  • Periódico mural: Que fixemos no verán?
  • Todas as actividades estiveron acompañadas da lectura dramatizada de contos pertencentes ó fondo da biblioteca.