No 2011 a Biblioteca Pública Municipal de Barro, Os libros, a sabia da vida.

Como as árbores crecen con terra auga, luz e aire nós necesitamos dos libros para enriquecernos e crecer como persoas. A sabia fai forte a unha arbore, os libros fan forte á persoa. Ven á Biblioteca Pública de Barro e coñece o fondo bibliotecario neste ano 2011 no que se celebra o ano internacional dos bosques.

martes, 25 de enero de 2011

Poemas de Góngora con chocolate. Conmemoración do 450 aniversario do nacemento


O cordobés Luís de Góngora e Argote (1561-1627) Foi o primeiro fillo de catro irmáns. O seu pai chamábase Don Francisco de Argote e a súa nai Dona Leonor de Góngora, naceu en Córdoba, o 11 de xullo de 1561, que era xoves.

Sería co tempo D. Luís de Góngora E Argote cima da poesía española, culto e esperto, cruel e sensibilísimo coa palabra, irónico e sombrío, adulador e orgulloso, xeneroso e pedigüeño; un home e un poeta que viviu ao máximo as contradicións da súa época.

O seu pai era xuíz de oficio e licenciado en Salamanca, pero na súa casa non se gozaba dunha excesiva folgura económica. Afeccionado ás letras, posuía unha biblioteca que era o seu orgullo e o dos seus amigos intelectuais, axiña se decataron da despexada intelixencia do pequeno Luís.

Córdoba era unha cidade pequena , de pouco mais de 10.000 habitantes e a súa vida viraban ao redor da catedral. Convivía a nobreza orgullosa da súa cidade, con escritores e intelectuais que se dedicaban a estudiala.

Sendo neno, xogando cos seus amigos calou da muralla que rodeaba a cidade e estivo a piques de morrer.

Góngora era un neno agudo e intelixente, o preferido do seu tío (racionero da catedral) que o ordenou clérigo menor, cando só tiña 15 anos, para gozar así das rendas e beneficios eclesiásticos que o tío lle daba. Despois enviouno á universidade de Salamanca a estudar canons e leis. Góngora non foi un estudiante exemplar por que lle gustaba rodearse de xente xogar aos naipes, ir a faladoiros, aos touros e escribir.

O seu gran inimigo e único rival da súa talla foi Don Francisco de Quevedo e Villegas.

As súas primeiras composicións coñecidas datan do ano 1580 cando tenia 19 anos e nos seus primeiros versos impresos son tamén desa época.

A partir de 1603 Góngora viaxa por distintos lugares de España, debido ao seu traballo e desas viaxes nacen algúns das súas sonetos.

En 1609, Góngora realiza unha longa viaxe polo centro e o norte de España. Visita, entre outros lugares, Madrid, Alcalá, Álava e Pontevedra. Nesta última provincia aproveita para facer unha visita protocolaria ao poderoso Conde de Lemos, no seu retiro de Monforte de Lemos, ao que dedica un soneto (soneto XXII do manuscrito Chacón, datado precisamente en 1609)

AL CONDE DE LEMUS, YÉNDOLE A VISITAR A MONFORTE

Llegué a este Monte fuerte, coronado
De torres convecinas a los cielos,
Cuna siempre real de tus abuelos,
Del Reino escudo, y silla de su estado.
El templo vi a Minerva dedicado,
De cuyos geométricos modelos,
Si todo lo moderno tiene celos,
Tuviera invidia todo lo pasado.
Sacra erección de príncipe glorioso,
Que ya de mejor púrpura vestido
Rayos ciñe de luz, estrellas pisa.
¡Oh, cuánto deste monte imperioso
Descubro! Un mundo veo. Poco ha sido,

Que seis orbes se ven en tu divisa.

Na súa viaxe a Galicia Góngora queda fascinado ante a beleza da paisaxe sobre todo o marítimo. Fai unha fermosa descrición das rías galegas, que quizais don Luís visitou nalgún momento da súa viaxe a Monforte, onde describe de forma idealizada os verdes prados, os ríos as súas desembocaduras e o mar.

Éntrase el mar por un arroyo breve
Que a recibillo con sediento paso
De su roca natal se precipita,
Y mucha sal no sólo en poco vaso,
Mas en su ruina bebe,
Y a su fin, cristalina mariposa
—No alada, sino undosa—,
En el farol de Tetis solicita.

Muros desmantelando, pues, de arena,
Centauro ya espumoso el océano
—Medio mar, medio ría—
Dos veces huella la campaña al día,
Escalar pretendiendo el monte en vano,
De quien es dulce vena
El tarde ya torrente
Arrepentido, y aun retrocedente.

Eral lozano así novillo tierno,
De bien nacido cuerno
Mal lunada la
frente,
Retrógrado cedió en desigual lucha
A duro toro, aun contra el viento armado:
No, pues, de otra manera
A la violencia mucha
Del padre de las aguas, coronado
De blancas ovas y de espuma verde,
Resiste obedeciendo, y tierra pierde.


Actividades:

1. RETRATO XIGANTE DO AUTOR

2. Busca nos libros da biblioteca información sobre a Deusa Minerva

3. Debuxo abstracto: loita da auga doce coa salgada.

4. Subliña, enumera e busca sinónimos das palabras relacionadas co mar e o río.

5. Obradoiro botes de sal de cores




No hay comentarios:

Publicar un comentario