Escritor galego que foi periodista, poeta, novelista, dramaturgo, guionista, e un dos mellores fabuladores do século XX.
Escribiu en galego e en castelán, e recibiu o Premio Nadal no 1968 pola novela El hombre que se parecía a Orestes.
Naceu Cunqueiro o 22 de decembro de 1911 na cidade episcopal de Mondoñedo, unha das sete capitais do Antigo Reino de Galicia. A súa nai, dona Pepita Mora Moirón, dunha importante familia da comarca mindoniense:
“tiña unha grande fantasía. Contaba historias, recitaba romances e cantaba. Sabía todas as zarzuelas.
Inventaba contos para que estiveramos calados e quietos. Esto parece que foi unha especie de mediciña na nosa casa. Eu mesmo participaba nesta creación de conto”.
Seu pai, don Xoaquín Cunqueiro Montenegro, oriúndo de Cambados, rexentaba unha botica, e na rebotica da mesma, organizábanse tertulias ás que asistía fascinado o xoven Álvaro. O pai nombrárono no 1923 alcalde de Mondoñedo, don Xoaquín, bon cazador e excelente gastrónomo, exercería una influenza poderosa no seu fillo:
“Ensinábame todo e aprendín deseguida. Eu sabía toda las herbas do mundo: a frestuca pantesis, a daptila numenta, os tréboles, os lírios... En fin toda esa tribu mundial que decía don Ramón Otero Pedrayo: o choupo, o amieiro, o salgueiro... Sabíao todo. Tamén os páxaros: si o que voaba era o merlo, si o que cantaba era o xílgaro ou o calambre”.
Nunca esquenceu Cunqueiro a Don Manuel Ledo Bermúdez, el Pallarego, cuia barbería visitaba case a diario:
“Ha sido mi gran maestro. Con él aprendí filosofía, música, literatura, geografía. Aquí venía yo todos los días a leerles el periódico a todos los que estaban, inventando la mitad de las noticias mientras el Pallarego las glosaba. Aquí escribí mis obras de teatro, que versaban sobre los acontecimientos del día anterior en la peluquería de el Pallarego y aquí las representábamos. Aquí formábamos nuestras rondallas con letras que hacía Jácome”.
Cunqueiro tivo unha infancia feliz. Ós nove anos ía incesantemente velar os niños con tódolos pillabáns do pobo, a asar catanas nos bosques e a vestirse coas follas das árbores o primeiro de maio. Unha infancia marcada sobre todo pola lectura e o contacto directo cunha sociedade antiga e rica en tradicións, que sempre valorou como algo único:
“Moi cedo decateime que tiña un certo mundo especial do cal podía contar. Xa daquela pódese decir que eu escribía a repelo porque a miña literatura non tiña nada que ver coa literatura en boga, o cal dábame a seguranza de que eu dominaba ese mundo un algo complexo, cun país de fondo que era Galicia, cunha tradición oral”.
“A miña zona de Mondoñedo e a zona de Galicia na que se recolleu a meirande cantidade de romances carolinxios e artúricos, como se pode observar nos libros parroquiais; cando xa en toda Galicia deixaran de bautismar aos nenos
cos nomes do romanceiro medieval, nesa zona aínda acomenzos do século XVIII había nenos que eran bautismados cos nomes de Tristán e Lanzarote. [...] De xeito que nesa zona de Mondoñedo hai unha tradición oral, moita lenda, un país que ten moitos tesouros cheos de ouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario