No 2011 a Biblioteca Pública Municipal de Barro, Os libros, a sabia da vida.

Como as árbores crecen con terra auga, luz e aire nós necesitamos dos libros para enriquecernos e crecer como persoas. A sabia fai forte a unha arbore, os libros fan forte á persoa. Ven á Biblioteca Pública de Barro e coñece o fondo bibliotecario neste ano 2011 no que se celebra o ano internacional dos bosques.

sábado, 9 de abril de 2011

TENNESSEE WILLIAMS


Thomas Lanier Williams III, máis coñecido polo pseudónimo Tennessee Williams (26 de marzo de 1911 - m. 25 de febreiro de 1983), foi un destacado dramaturgo estadounidense. O nome "Tennessee" déronllo os seus compañeiros de escola por mor do seu acento sureño e á orixe da súa familia. En 1948 gañou o Premio Pulitzer de teatro por “Un tranvía chamado desexo”, e en 1955 pola “Gata sobre o tellado de zinc quente”. Ademais destas dúas obras recibiron o premio da Crítica Teatral de Nova York: “O zoo de cristal” (1945) e “A noite da iguana” (1961) . A súa obra de 1952, “A rosa tatuada” (dedicada ao seu compañeiro, Frank Merlo), recibiu o Premio Tony á mellor obra. É coñecido mundialmente porque moitas das súas obras foron filmadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario